TÃtulo: La casa del callejón (Slade House – 2015)
Autor: David Mitchell
portada orixinal en inglés (web do autor)
Unha historia con casa encantada, varios planos temporais, desaparicións, … e ademáis unhas ánimas con motivación egoÃsta e depredadora.
Moi no estilo do autor, en esta novela encadea breves capÃtulos nos que un protagonista en cada ocasión nos conta os feitos que acontecen en tempo presente en Slade House, a casa protagonista.
De acceso restrinxido, oculto nunha rúa estreita e revirada, esta casa serve de centro de operacións para toda a trama. Máis que narrar, quizáis podemos dicir que o protagonista de turno describe, case de xeito desapaixoado, os feitos. Incluso podemos dicir que existe certo desapego, unha distancia hixiénica, con respecto do acontecido en algún dos narradores a pesar do dramático da súa situación.
Sen desvelar aquà as motivacións dos personaxes, baste dicir que un suceso estrano acontece cada nove anos, e durante varias décadas esos sucesos son narrados en primeira persoa por un dos protagonistas, non sempre o mesmo, dotando a novela de diferentes estilos e ritmos.
Cando comezas a pensar que quizáis o autor se está repetindo a si mesmo respecto do capÃtulo anterior, introduce pequenas variacións, ou perspectivas novas, ou información sobre os personaxes que permanecen constantes e son fÃo da novela, entón fai que a intriga te incite a continuar lendo.
A novela está ben escrita (traducida), acentuando como dicÃa a personalidade de ese narrador variable, utilizando unha linguaxe clara e fluÃda, sin enredarse en si mesma e facendo avanzar a historia pero ao mesmo tempo deténdose en detalles que aportan profundidade, contexto, a narración. Son esos pequenos detalles sobre polÃtica, costumes, historia,… que o autor vai utilizando e que completan o cadro de xeito sutil.
Non é unha novela longa, polo que enseguida te atrapa e xa estás rematando e desexando ler máis.
Haberá algo de este autor que non pague a pena ler?.
Do mesmo autor El atlas de las nubes.
Leches algún dos traballos de David Mitchell? Cal me recomendarÃas a continuación? Podes utilizar o cadro inferior para deixar a túa suxestión ou comentario e utilizar os botóns para compartir en redes libres.
Grazas por ler!